Servizos.
Formación.
- Programas de divulgación cooperativa en
centros de ensino medio, escolas-obradoiro, concellos e universidades:
- Programa Cooperativismo Como Fórmula
de Autoemprego (1995-2001) en centros de ensino medio de
Galicia.
- Programa Ecosocial (2004-2005) en colaboración cos concellos galegos.
- Edición de materiais didácticos
sobre cooperativismo, como son:
- Documento Base para a discusión do Proxecto de Lei Galega
de Cooperativas (1996).
- Memoria 1º Congreso da Federación de Cooperativas
Sinerxia (1997).
- Video divulgativo titulado Cooperativismo (1997) (En colaboración coa APES).
- Memoria Seminario Lei de Cooperativas de Galicia (1998).
- Elaboración de modelos de estatutos para as cooperativas de
traballo asociado e consumo adaptados á Lei de Cooperativas de
Galicia. (2000).
- “Memoria da 1ª Xornada do Cooperativismo Galego – Portugués” (2003).
- “Informe 1ª Xornada Galega de Cooperativismo de Consumo” (2005).
- “Ecosocial-Programa de Fomento do Cooperativismo en Colaboración cos Concellos Galegos” (2004).
SINERXIA tamén colaborou coa Unión de Cooperativas de Ensino
de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG) na edición de varios textos:
- Cooperativismo (1996).
- “ Papaventos e outras historias cooperativas” (1997) (comic).
- Autoxestión Cooperativa (1º edición 1999). (Actualización 2005) .
- A Lei de Cooperativas de Galicia nas Cooperativas de Ensino(1999).
- Boletín Ensino Cooperativo (2000-01).
Coa Asociación Para a Economía Social -APES-:
- Manual de Asembleas e Xuntanzas (1998).
Coas asociacións de cooperativas galegas e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia :
- Cooperativas (2001) (Video divulgativo de cooperativismo).
- Programas de formación para cadros de persoal
de cooperativas, como son, entre outros, os plans de formación
continua no marco do III Acordo Tripartito de Formación Continua (2001-03).
- Programas para a cualificación de formadores-as
en cooperativismo:
- Curso Plano de Empresa Cooperativa (1999).
- “Curso de Formador de Formadores para formación ocupacional” (2000).
- Realización de accións formativas para
desempregados-as a través do Plan de Formación e Inserción
Profesional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego,
Muller e Xuventude da Xunta de Galicia (1996-2003).
- Desenvolvemento e impartición de módulos de economía social e planeamento empresarial nos programas “Mulleres Emprendedoras” e “ Iniciativas Locais de Emprego Social” (ILES) promovidos polo Concello de Pontevedra (2001-2003).
- Impartición do curso “Xestión Empresarial Cooperativa” organizado pola Universidade de Vigo para alumnos/as que rematan estudos universitarios (2001-2003).
- Coordinación e desenvolvemento dun programa formativo titulado “Economía Solidaria e Cooperativismo” onde se realizou unha introdución á economía solidaria e diversos sectores de creación de emprego neste sector (reciclaxe, bioconstrución, uteis financeiros solidarios, ...) (2002).
Asesoramento a cooperativas, e mais a novos
proxectos cooperativos e asociacións de cooperativas.
- Xurídico: societario e laboral.
- Organizativo: organización social, selección
de persoal, resolución de conflictos, organización productiva,
ou políticas de comunicación.
- Económico Financeiro: planificación
estratéxica e de xestión, investigación das necesidades
financeiras, desenvolvemento de programas financeiros, planificación
e revisión contable.
Destacar neste sentido
programas de asesoramento cooperativo as cooperativas activas e en proceso de constitución nos eidos econónimo-financeiro, organizativo e xurídico (1996-2003) co patricinio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e a constitución da Unión
de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo e a Unión Galega de Cooperativas
de Vivendas (UGACOVI).
Representación de asociados.
- Ser un interlocutor válido do cooperativismo
galego perante as administracións públicas e institucións
privadas. Por exemplo:
- Negociación dos contidos Lei de Cooperativas de Galicia (1996
1998).
- Contidos do Decreto regulador do Consello Galego de Cooperativas -COGACO- (2000) e do regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia (2001).
- Participación na elaboración de propostas e xuntanzas sobre os contidos do borrador de Plano Xeral Contábel para cooperativas, elaborado polo Ministerio de Economía (2001) .
- Representación da Economía Social no Consello Económico e Social - CES - no Concello de Pontevedra (dende o ano 2000).
- Organización constituínte do Consello Galego de Cooperativas (2001).
- Representación, con membros titulares, no Consello Galego de Cooperativas (dende o ano 2001).
- Defensa dos intereses dos nosos socios ante as administracións públicas.
- Representación na mesa de Economía Social do programa PRODER II da Comarca de Pontevedra (2002-03).
- Participación no Grupo Acción Local da candidatura ao programa EQUAL da Comarca de Pontevedra (2001).
- Defensa dunha mellora da regulación dos asalariados nas cooperativas de traballo asociado na lexislación cooperativa galega.
Divulgación Cooperativa.
- Organización de xornadas divulgativas sobre cooperativismo a nivel lexislativo, económico-financeiro, etc.
Por exemplo:
- “Xornadas de Economía Social de Galicia” (1995) en colaboración con AGACA.
- “1º Congreso de Sinerxia” (1997).
- “Seminario da Lei de Cooperativas de Galicia” (1998).
- 1ª Xornada do Cooperativismo Galego-Portugués (2003).
- “10º Aniversario de Sinerxia: Ferramentas Estratéxicas para as Cooperativas Galegas Hoxe” (2004).
- "1ª Xornada Galega de Cooperativismo de Consumo” (2004) en colaboración con HISPACOOP e AGACA.
- Edición do boletín Sinerxia Informa (2000-2003).
- Edición da revista “Elos Cooperativos”
- Acceso a axudas públicas ás cooperativas.
- Base de datos das cooperativas.
- Documentación bibliográfica de estudios sectoriais e xerais das empresas cooperativas propia e allea (CEPES, CIRIEC, APES, ...).
Investigación.
Realización de estudios sectoriais e xerais das cooperativas e a Economía Social en Galicia, como son:
- Estructuras Económico-Organizativas no Sector Marisqueiro Acuícola (1996).
- Plano Estratéxico para o Sector Textil-Confección (1996).
- As Cooperativas de Integración Social (1996).
- Autoxestión Organizativa nas Cooperativas (1996).
- As Cooperativas de Ensino en Galicia (En colaboración
coa UCETAG, 1999).
- Economía Doméstica, Economía Social. Estratexias
de Conciliación de Mulleres Cooperativistas de Vigo. (En colaboración
coa APES, 2000).
- “A Formación Continua nas Empresas de Economía Social” (en colaboración con CEPES) (2002-03).
- Participación no desenvolvemento dos contidos do Libro Branco do Cooperativismo en Galicia (2002-03).
- Participación no desenvolvemento dos contidos do Plan Estratéxico para o Cooperativismo Galego (2004-2005).
- Elaboración parcial dos contidos dun CD para o movemento asociativo do Concello de Santiago en cooperación con Cidadanía, S. Coop. Galega.
Intercooperación.
Para rematar, SINERXIA intercoopera con outras organizacións
e entidades do cooperativismo e a Economía Social, como son:
- No COGACO coas asociacións galegas AGACA e UGACOTA (2001-03).
- Apoio no desenvolvemento dos Congresos de UCETAG (1997-2003) .
- Apoio no desenvolvemento de accións formativas, xornadas e outras actividades da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado EIXO (2000-2003) .
- Colaboración en programas formativos de economía social, actos, xornadas e investigación coa Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES) (1999-03) .
- Intercambio de publicacións con CEPES, CIRIEC-España (centro investigación de economía social), Federació de Cooperatives de Treball de Catalunya (FCTC), Federación Valenciana de Cooperativas de Trabajo Asociado (FVECTA), Federación de Cooperativas de Trabajo Asocido de Euskadi (FCTE), Instituto de Estudios Cooperativos de la Universidad de Deusto, Institiuto de Estudios Cooperativos de la Universidad del Pais Vasco (GEZKI), Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECOE), Fundación de Fomento de la Economía Social de Asturias, Confederación de Cooperativas de Consumidores y Usuarios de España (HISPACOOP), Centro de Investigación de Economía Social de la Universitat de Valéncia (CIDEC) e o Instituto de la Cooperación de la Fundación de Educación, Investigación e Asistencia Técnica (IDELCOOP) de Buenos Aires (Argentina) durante o período (1996-2003).
- No ámbito galego este intercambio tamén se dá coa Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
- Desenvolvemento de programas de cooperación institucional e comercial coa Uniao Cooperativa Polivalente da Regiao Norte, CRL (UNINORTE ) de Portugal (2001-2003).
- Participación nos procesos constituintes da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado EIXO e da Unión Galega de Cooperativas de Vivendas (UGACOVI) (2000-02).
- Colaboración en programas formativos e de asesoramento coa a Asociación de Economía Social “ BRIANTE” da comarca de Ferrolterra.
- Colaboración en programas formativos con concellos galegos.
- Sinerxia é membro do consello de redacción da revista “Cooperativismo e Economía Social” editada pola Universidade de Vigo.
voltar