A Federación de Cooperativas SINERXIA nace a finais de 1994 cun total de 24 cooperativas asociadas, tanto de traballo asociado como de servizos. Constitúese coa aspiración de consolidar formas representativas para as cooperativas galegas.
Sinerxia é:
Asociamos a:
Unións de cooperativas (Poden ser socias desta Federación todas as Unións de Cooperativas, con capacidade legal, que desenvolvan a súa actividade cooperativizada e teñan o domicilio social no ámbito territorial desta Federación.) :
Socios Colaboradores (Serán socios colaboradores da Federación as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que, sen poderen realizar plenamente o obxecto social da Federación, poidan colaborar na súa consecución, tamén poderán ser socias colaboradoras aquelas cooperativas coas que se suscrebese un acordo de colaboración intercooperativo) :
Somos 48 cooperativas que aglutinamos a 2.423 persoas, das cales 943 son socios-as traballadores-as, 1.200 socios-as usuarios-as e 280 asalariados-as. A facturación das cooperativas importa aproximadamente uns trinta e cinco millóns de euros.