Os nosos obxectivos xerais.
- Contribuír ao desenvolvemento na creación e reparto equitativo de riqueza no noso país.
- Tentar acadar unha sociedade máis integrada, sen excluidos/as nin marxinados/as por razóns físicas, síquicas, ideolóxicas, relixiosas, sociais, …
- Expandir os principios cooperativos facendoos seus .
- Cuidar que a sociedade galega sexa receptiva ao cooperativismo e á economía social, promovendo institucións e actividades favorecedoras da difusión da filosofía do cooperativismo e a economía social .
- Representar e defender os intereses das Unións socias perante entidades públicas e privadas .
- Promover e fomentar unións de cooperativas e outras entidades de economía social, a cooperación empresarial entre cooperativas e outras organizacións da economía social, e a cooperación entre unións de cooperativas e outras asociacións de economía social.
- Velar por unha excelente cultura social e empresarial das cooperativas, as súas asociacións e outras organizacións de economía social, facilitando e financiando servizos de asesoramento, de verificación de contas e de asistencia xurídica e técnica, así como aquelosoutros servizos que sexan convenientes ou necesarios para os seus membros.
- Realizar mediacións e conciliacións e exercer calquera actividade de natureza análoga.
- Fomentar a promoción e formación cooperativa.
voltar