Está formada por diferentes áreas de traballo que se coordinan dende a xerencia da Federación, falamos de áreas como:
Na actualidade as persoas que executan a actividade da Federación son:
Xerente: Ramón Carmelo Rodríguez Padín, coordinador xeral da xestión das áreas de SINERXIA desde 1995. É Especialista en Dirección e Xestión de Cooperativas e PEMES pola Universidade de Vigo (1998). Realiza práticas de xestión de asociacións de cooperativas na Asociación Galega de Cooperativas Agrararias (AGACA) (1994). Conta cunha ampla formación en xestión empresarial cooperativa e formación para adultos, a partir da cal desenvolve actividades de formación ocupacional e continua en divulgación e xestión de empresas de economía social, planeamento empresarial e lexislación cooperativa desde 1994. Tamén desenvolve tarefas de asesoramento de proxectos cooperativos (1996-2003), é coautor de varias das publicacións editadas por SINERXIA (1996-99), redactor do boletín “ SINERXIA INFORMA” e membro do Consello de Redacción da revista “ Cooperativismo e Economía Social” da Universidade de Vigo desde o ano 2000, así como membro do consello de redacción da revista de Sinerxia “Elos Cooperativos”. Por último ten experiencia na organización de eventos de divulgación do cooperativismo (xornadas, charlas, seminarios,...). Forma parte do cadro de persoal de SINERXIA.
Técnica de proxectos: Nuria González Rodríguez, é Diplomada comon Graduada Social pola Universidade de Vigo (1993). Posúe ampla formación relacionada coa economía social e o cooperativismo desde 1993. Comezou a súa traxectoria profesional na Asociación Para a Economía Social (APES) da Universidade de Vigo (1995-2000) onde desenvolveu tarefas de xestión administrativa, deseño, coordinación e impartición de accións formativas, elaboración de materiais didácticos e traballos de investigación relacionados coa economía social en Galicia. No Concello de Pontevedra (2001) traballa na área de promoción económica e desenvolvemento local coordinando formación ocupacional para persoas desempregadas. Forma parte de SINERXIA desde 1997 na cal realiza funcións de coordinadora e monitora de programas de formación ocupacional e continua tanto en materia cooperativa como noutros contidos máis transversais, foi coordinadora e redactora do boletín “ Sinerxia Informa”, é membro do consello de redacción da revista da Federación de Cooperativas Sinerxia “Elos Cooperativos”, xestora de subvencións e axudas públicas, e coautora de varias publicacións de cooperativismo editadas por SINERXIA, UCETAG e APES. Actualmente, dende agosto de 2005, forma parte do cadro de persoal da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado EIXO onde realiza labores similares de execución de programas e actividades para o cooperativismo de traballo asociado.
Colabora con artigos, entre outras publicacións, no boletín “ SINERXIA INFORMA” e na revista “ Cooperativismo e Economía Social” da Universidade de Vigo, da cal forma parte do Consello de Redacción.
Neste punto cumpre resaltar que SINERXIA conta con catro cooperativas adicadas á actividade de consultoría e asesoría de empresas (Xedega e ACR Asesores), do terceiro sector (Algalia) e de investigación e participación social ( Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais).
Ademais SINERXIA conta cun grupo de colaboradores-as habituais para as diferentes actividades que desenvolve.