Afiliación.

Tendo en conta que hai moito por facer e mellorar, o traballo conxunto a través do valor da cooperación nunha organización colectiva, é o gran potencial das cooperativas. Apostamos pola intercooperación e polo futuro do cooperativismo galego, polo tanto, non podemos menos que lanzar un convite a asociarse.

Requisitos para ser socio da Federación de Cooperativas SINERXIA.

1. Poden ser socias desta Federación todas as Unións de Cooperativas, con capacidade legal, que desenvolvan a súa actividade cooperativizada e teñan o domicilio social no ámbito territorial desta Federación.

2. A solicitude de admisión na Federación formularase pola Unión solicitante mediante escrito dirixido ao Consello Reitor da Federación.

3. A esta solicitude deberá acompañarse: a) Acordo do Consello Reitor ou equivalente da Unión solicitante, agás que os seus propios Estatutos esixan acordo da Asemblea Xeral; b) Copia dos Estatutos Sociais da Unión e da súa inscrición no Rexistro de Cooperativas.

4. Na solicitude de admisión a Unión deberá designar dúas persoas titulares para a asistencia ás reunións da Federación, así como dúas persoas suplentes. Para as socias colaboradoras abondará cun/ha representante titular e un/unha suplente.

5. A decisión sobre admisión da entidade solicitante corresponderá ao Consello Reitor da Federación. Nun prazo máximo de dous meses desde o día seguinte á recepción da solicitude en debida forma, decidirá e comunicará por escrito á Unión solicitante o acordo de admisión ou denegación.

6. Para a toma de decisión de admisión o Consello Reitor poderá acordar, se o considera necesario, a realización dunha auditoría de cultura organizativa que determine a consistencia da Unión solicitante cos principios da economía social e/ou co obxecto social e a misión da Federación. Está auditoría terá unha función de ferramenta de debate, e que só en casos de incongruencia cos principios da economía social, unido á negativa da Unión solicitante a seguir un plano de evolución, poderase xustificar a negativa á admisión.

7. A denegación de admisión da solicitude deberá ser sempre motivada.

8. Os dereitos e obrigas do socio admitido pola Federación, xurden efecto ós 10 días, contados desde o seguinte ó da publicación do acordo de admisión.

9. Pagamento da cota de entrada e a primeira cota mensual (sen I.V.E.).

· Cota mensual : euros/voto.
· Cota entrada : 1 mensualidade.

Estas cotas destinaranse a cubrir os gastos mínimos de funcionamento da Federación (aluguer, teléfono, subministros, material de oficina, gastos financeiros, correos, consello rector e impostos).

Os votos en Asemblea da entidade socia establécense nos Estatutos da Federación de acordo cun criterio de ponderación polo número e carácter dos seus socios:

As socias colaboradoras da Federación non poderán representar máis dun terzo dos votos totais da Federación. Establecerase esta mesma proporción para os votos presentes e representados na Asemblea Xeral.

En ningún suposto poderá ser o voto de calidade ou dirimente.

Descargue o Modelo de Solicitude de Admisión

Descargue o Modelo de Domiciliación Bancaria

 

voltar