COMO SE TRAMITA A CONSTITUCIÓN
DE COOPERATIVAS GALEGAS.
Neste documento exponse unha guía rápida dos pasos e trámites
para constituír unha sociedade cooperativa galega.
Existen dúas formas de levar a cabo a súa constitución:
a) Instar a previa cualificación do proxecto de Estatutos Sociais ante
o Rexistro de Cooperativas, sendo esta a máis utilizada.
b) Outorgar directamente a escritura pública de constitución.
OPCIÓN A.- PASOS A SEGUIR:
1.1. Celebración da Asemblea Constituínte. Estará formada
polos promotores-as da cooperativa, cun mínimo de catro persoas e nas
de traballo asociado tres.
1.2. Elixir na Asemblea o Presidente-a e o Secretario-a da mesma, entre os promotores-as
asistentes.
1.3. A asemblea constituínte debe deliberar e chegar a un acordo sobre
os seguintes temas:
1.4. Recoller os acordos anteriores nunha acta, certificada polo Secretario-a co visto e prace do Presidente-a da Asemblea .
1.5. Nesta acta figurará a relación de socios-as promotores-as:
2.1. Unha vez decidido o nome da futura sociedade cooperativa o xestor-a tramitará a solicitude de certificación negativa do nome, dirixida a:
Sección Central do Rexistro de Cooperativas.
C/ Pío Baroja, nº 6.
28071- MADRID.
É conveniente incidir na importancia desta solicitude, xa que en todos os trámites posteriores será esixida a certificación negativa do nome.
2.2. Unha vez aprobado o proxecto de estatutos sociais, o xestor-a dirixirá unha solicitude, co fin de obter a previa cualificación do proxecto de estatutos, á:
Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Rexistro de Cooperativas de Galicia.
Adxuntando:
3.1. Ó obter a cualificación previa dos estatutos procederase a outorgar ante notario-a a correspondente escritura pública de constitución, que recollerá:
3.2. Liquidación do imposto de transmisións patrimoniais, que se saldará a cero por estar exenta do seu pago. Para isto presentarase unha copia da Escritura Pública e o modelo 600 debidamente cumprimentado na:
Delegación Provincial da Consellería de Economía e Facenda.
Sección de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
3.3. Unha vez liquidado o imposto de transmisións patrimoniais pódese solicitar o C.I.F, que será necesario para que a sociedade cooperativa poida realizar calquera tipo de actividade. Para isto precisase presentar a seguinte documentación na Administración de Facenda á que pertenza o domicilio da sociedade cooperativa:
4.1. No prazo máximo de dous meses desde que estea outorgada a escritura, o xestor-a ou persoa encargada, solicitará a súa inscrición no Rexistro de Cooperativas, acompañada por:
OPCIÓN B: PASOS A SEGUIR:
1.1. Pedir a certificación negativa do nome da sociedade cooperativa.
1.2. Todos os promotores-as teñen que outorgar a escritura pública de constitución.
1.3. Esta escritura axustarase ó disposto no artigo 16 da LCG.
1.4. Liquidar o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Delegación da Consellería de Facenda.
1.5. No prazo máximo de dous meses, desde o outorgamento da escritura, formalizarase a súa inscrición no Rexistro de Cooperativas, tendo en conta que non será admitida se non acredita a liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Esta opción non é a máis recomendada, pois ó outorgar
a escritura pública sen ter a cualificación dos estatutos pode
ocorrer que estes non se axusten á LCG, e sexan rexeitados no Rexistro
de Cooperativas. Se fose así, habería que reformalos e outorgar
outra escritura pública, ocasionando novos custos.