PLAN DE XESTIÓN 2006
O Consello Reitor acorda desenvolver as seguintes actividades no exercicio económico
de 2006 nas distintas áreas de traballo da Federación :
FORMACIÓN
- Desenvolvemento dun curso de formación ocupacional intitulado “Xerente
de Empresas de Economía Social” dentro do programa FIP da Consellaría
de
Traballo.
- Finalizar o Plan de Formación Continua solicitado en 2005 á
Consellaría de Traballo.
- Solicitar un novo Plan de Formación Continua para o período
2005-2006 con tres especialidades (unha cooperativa e duas transversais) para
un total de seis accións formativas. Contraste previo coas Unións
e cooperativas socias.
ASESORAMENTO
- Concretar e implementar actividades de fomento da língua galega
como ferramenta comunicacional e comercial para dúas cooperativas asociadas.
- Titorizar o plano de viabilidade de dúas novas cooperativas, preferentemente,
de tipoloxía que non conte con Unión en Galiza (consumo, mar,
transporte,...).
INTERCOOPERACIÓN
- Desenvolvemento do programa NEXUS REDE en planos de mellora da función
xerencial; da función financeira; da función de intercooperación
económica; da reciclaxe teleformativa; da calidade da organización
cooperativa. Como obxectivos concretos fíxanse a intervención
en 13 cooperativas, con preferencia para as de traballo asociado.
- Desenvolvemento do programa transfronteirizo co cooperativismo do Norte
de Portugal (DESQOOP), nomeadamente nos campos do asesoramento cooperativo
e a organización e participación en eventos e misións
comerciais. Con preferencia para as cooperativas e Unións asociadas
das provincias de Pontevedra e Ourense.
COMUNICACIÓN – DIVULGACION COOPERATIVA
- Avaliar e concretar un programa de mantemento da web de SINERXIA.
- Edición dos nºs 5, 6 e 7 da revista “Elos Cooperativos”
en version dixital.
- Reedición do directorio das Unións e cooperativas socias
de SINERXIA.
- Continuidade no desenvolvemento no Programa de Promoción do Cooperativismo
de Consumo en Galicia.
DESENVOLVEMENTO LOCAL
- Participación no xurade do Concurso de Ideas Empresariais do Concello
de Pontevedra.
REPRESENTACIÓN E ACCION POLÍTICA
- Concertar coas demáis asociacións de cooperativas galegas
as seguintes cuestións : unha única interlocución do
sector ante as Administracións Públicas; entrada no CES de Galiza;
posicionamento común de cara a reforma do Estatuto de Autonomía
de Galiza; orzamentos de Galiza para o cooperativismo para 2007.
- Avaliar e propór melloras, se procede, nas seguintes cuestións
: liñas de axudas públicas ao cooperativismo; reforma do decreto
regulador do COGACO.
- Realizar un seguimento da execución do plano estratéxico
do cooperativismo galego.
- Afiliar a tres novas cooperativas que non conten con Unión.
- Concretar programas de traballo cos sindicatos máis representativos.
- Realizar a presentación da nosa organización a novos departamentos
do Goberno Galego. A saber, a Dirección Xeral de Consumo; Dirección
Xeral de Desenvolvemento Rural.
- Asistencia á Asemblea Ordinaria de CEPES.
- Asistencia ao Congreso de Cooperativas Agrarias do Reino de España.
- Asistencia ao Congreso de CIRIEC – España a celebrar en Compostela.
ORGANIZACIÓN
- Avaliar os resultados do convenio asinado con EIXO en 2005.
- Avaliar e concretar os criterios e cuantías das cotas das entidades
asociadas a SINERXIA.
- Deseñar e implementar un programa piloto de creación dun
fondo de solidariedade para actividades de promoción e divulgación
cooperativa, e desenvolvemento sostíbel en amplo termo (p.e. co 1%
da dotación ao FEP do último exercicio económico das
cooperativas socias).
- Afiliar a duas novas cooperativas que non conten con Unión en Galiza,
so o paraguas do convenio realizado o ano 2005.
- Renovación dos órganos sociais da Federación.
- Avaliar e concretar o alargamento do financiamento bancario, de persoal
e investimentos para desenvolver as actividades do plano de xestión
para 2006.
voltar