MEMORIA ACTIVIDADES 2005
FORMACIÓN
- Preparación e desenvolvemento dun programa de formación continua
dirixido a cooperativas galegas no eido da xestión e planeamento cooperativo,
co apoio da Consellería de Traballo.
- Impartición de varios módulos do curso “ Promotor de
Empresas de Economía Social” na comarca de Ferrol en colaboración
coa Asociación de Economía Social de Ferrolterra “Briante”.
ASESORAMENTO
- Desenvolvemento proceso de asesoramento e formación as cooperativas
Cesmar e Arbore.
INTERCOOPERACIÓN
- Participación e desenvolvemento actividades do programa NEXUS REDE
(EQUAL 2) coas cooperativas socias e os demáis entidades asociadas
ao programa.
- Continuar a participación e culminar o proceso de converxencia entre
as unións de traballo asociado Eixo e Ugacota.
- Realización dun ciclo de xornadas de cooperativismo de consumo en
Galicia.
- Desenvolvemento do programa Ecosocial: xornadas de formento do cooperativismo
en colaboración con concellos de Galicia.
- Realización da Xornada Galega de Economía Alternativa e Solidaria.
- Participación no desenvolvemento de solicitude do programa europeo
DESCOOP coas cooperativas socias e as demais entidades asociadas entre elas
UNINORTE (Unión Polivalente de Cooperativas do Norte de Portugal).
COMUNICACIÓN
- Actualización de contidos da web da Federación.
- Edición da revista de Sinerxia “Elos Cooperativos”.
- Apoio á UCETAG no proceso de revisión de contidos do manual
“Autoxestión Cooperativa”.
- Edición da memoria do programa ECOSOCIAL de 2004.
DESENVOLVEMENTO LOCAL
- Coordinación, dirección, implementación e avaliación
do programa do fomento
do cooperativismo nos concellos galegos ECOSOCIAL
.
REPRESENTACIÓN E ACCION POLÍTICA
- Programa de entrevistas e reunións de traballo cos representantes
dos principais partidos políticos candidatos ás eleccións
galegas de 2005. Programa para o cooperativismo galego 2005-2009. En coordinación
coas demáis asociacións de cooperativas.
- Programa de entrevistas cos representantes dos sindicatos máis representantivos
para dar a coñecer a Federación.
- Participación no proceso de mellora das axudas ao cooperativismo
da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galiza.
- Avaliar propostas concretas de implementación do plano estratéxico
do cooperativismo galego.
- Negociar e asinar coa Dirección Xeral de Relacións Laborais
un convenio de colaboración para 2005.
- Participación na mesa de Economía Social do programa PRODER
II da comarca de Pontevedra.
- Participación no Pleno e comisión permanente do COGACO.
ORGANIZACIÓN
- Elaboración e aprobación dunha proposta de reformulación
financeira e organizativa de SINERXIA.
- Deseñar, debater e aprobar unha proposta de participación
de novas cooperativas que non teñan posibilidade de afiliarse ás
unións socias de SINERXIA.
voltar