“Memoria Seminario da Lei de Cooperativas de Galicia”. Con motivo da aprobación no mundo cooperativo galego da Lei de Cooperativas de Galicia (Lei 5/98), a Federación de Cooperativas Sinerxia celebra o seminario sobre a Lei de Cooperativas de Galicia o 19 de decembro de 1998 en Pontevedra. Froito deste seminario xorde esta publicación considerando que o material presentado é de interese para o sector e pode configurarse como documento de traballo e reflexión nos eidos que se abordan nos relatorios. Edita a Federación de Cooperativas Sinerxia. 1999. |