“Documento base para a discusión do proxecto de lei galega de cooperativas”. As razóns que levaron á realización deste documento nacen no traspaso de competencias exclusivas en materia cooperativa á Comunidade Autónoma de Galicia, permitindo á nosa comunidade dispór do seu propio marco legal nesta materia.
Sinerxia, coa aprobación das cooperativas asociadas, aborda a realización deste documento base co obxectivo de que servira de instrumento para o debate nas cooperativas e de interlocución ante a Xunta de Galicia coa finalidade de consensuar a actual Lei de Cooperativas de Galicia (Lei 5/98).

Autores-as e colaboradores: Dolores Rancaño Osorio, Xosé Castro Rodríguez, Ramón Rodríguez Padín e Ignacio Xabier López Chaves. Ademais o documento contou coas aportacións das cooperativas asociadas. Edita a Federación de Cooperativas Sinerxia, 1996.

voltar