“Manual de asembleas e xuntanzas. Metodoloxías de autoorganización” . Este libro presenta un conxunto de propostas técnicas para superar as dificultades das organizacións democráticas de base asemblearia que á hora de desenvolver colectivamente o traballo de discusión, análise, avaliación, coordinación ou toma de decisións, entre outros, atópanse con numerosas dificultades. Un abano de ferramentas metodolóxicas adaptadas ás características dos distintos grupos que vai dende os pasos na preparación das xuntanzas ata a dinámica da súa avaliación. Autores-as: Ana Lorenzo Vila e Miguel Martínez López. Edita a APES, en colaboración coa Federación de Cooperativas Sinerxia e a UCETAG. 1998. |