Ver Directorio en Formato HTML

 

“Directorio de Cooperativas”. Nel aparecen as cooperativas asociadas á Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia a través das súas unións: UCETAG (ensino) e Eixo (traballo asociado) sen esquecer outras tipoloxías de cooperativas asociadas a título individual (consumo, mar, UNINORTE…). Destaca como novidade nesta segunda edición, a presenza da unión de cooperativas de traballo asociado UGACOTA, que se suma ao proxecto froito da colaboración e da liña de intercooperación que vimos establecendo nos últimos tempos. Aquí aparecen tamén as cooperativas de traballo asociado integradas nesta unión. Pretende ser unha ferramenta para dar a coñecer a singularidade e variedade das cooperativas e facilitar o intercambio de servizos e experiencias, e daquela iniciar ou afortalar fórmulas de intercooperación entre elas para o seu desenvolvemento socioempresarial. Asemade quere dar conta da actualización dos datos das cooperativas e das novas entradas no seo das organizacións asociativas.

Editan: Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia. Participan: Sinerxia-Eixo-UCETAG-Ugacota. 2006.

voltar