2012: Ano Internacional das Cooperativas
2012 foi recoñecido como Ano Internacional das Cooperativas polas Nacións Unidas. O Ano pon de relevo a contribución das cooperativas no desenvolvemento socioeconómico e recoñece o papel que poden desempeñar para acadar os obxectivos do Milenio en todo o mundo.
Esta é unha oportunidade para promover as cooperativas e aumentar a conciencia da opinión pública, para facerse máis visible, dando a coñecer á comunidade internacional que as cooperativas contribúen ao desenvolvemento económico e social e a erradicación da pobreza, responden aos cambios sociais e resisten a crise económica global, sendo creadoras de emprego en tódolos sectores. O lema adoptado para transmitir a mensaxe de celebración durante o Ano é: "As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor".
