
Intercooperación
Para rematar, SINERXIA intercoopera con outras organizacións e entidades do cooperativismo e a Economía Social, como son:
- No COGACO coa asociación galega AGACA.
- Apoio no desenvolvemento dos Congresos de UCETAG.
- Colaboración en programas formativos de economía social, actos, xornadas e investigación coa Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES).
- Intercambio de publicacións con CEPES, CIRIEC-España (centro investigación de economía social), Federació de Cooperatives de Treball de Catalunya (FCTC), Federación Valenciana de Cooperativas de Trabajo Asociado (FVECTA), Federación de Cooperativas de Trabajo Asocido de Euskadi (FCTE), Instituto de Estudios Cooperativos de la Universidad de Deusto, Institiuto de Estudios Cooperativos de la Universidad del Pais Vasco (GEZKI), Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECOE), Fundación de Fomento de la Economía Social de Asturias, Confederación de Cooperativas de Consumidores y Usuarios de España (HISPACOOP), Centro de Investigación de Economía Social de la Universitat de Valéncia (CIDEC) e o Instituto de la Cooperación de la Fundación de Educación, Investigación e Asistencia Técnica (IDELCOOP) de Buenos Aires (Argentina) durante o período.
- No ámbito galego este intercambio tamén se dá coa Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia. Neste sentido destacamos este ano a colaboración da Federación nos Centros de Desenvolvemento Cooperativo da Rede EUSUMO.
- Desenvolvemento de programas de cooperación institucional e comercial coa Uniao Cooperativa Polivalente da Regiao Norte, CRL (UNINORTE ) de Portugal.
- Participación nos procesos constituintes da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado EIXO, da Unión Galega de Cooperativas de Vivendas (UGACOVI), no proceso de fusión de EIXO con UGACOTA e na constitución e afortalamento da Unión de Cooperativas do Mar UGACOMAR (2010).
- Colaboración en programas formativos e de asesoramento coa a Asociación de Economía Social “ BRIANTE” da comarca de Ferrolterra.
- Colaboración en programas formativos con concellos galegos.
- Socia fundadora de COOP57 GZ, maio de 2009. Desde entón tamén alberga a sede de Coop57 en Galicia.
Sinerxia é membro do consello de redacción da revista “Cooperativismo e Economía Social” editada pola Universidade de Vigo.