
Formación
- Programas de divulgación cooperativa en centros de ensino medio, escolas-obradoiro, concellos e universidades.
- Edición de materiais didácticos sobre cooperativismo, como son:
- “Documento Base para a discusión do Proxecto de Lei Galega de Cooperativas”.
- “Memoria 1º Congreso da Federación de Cooperativas Sinerxia”.
- Video divulgativo titulado “Cooperativismo” (En colaboración coa APES).
- “Memoria Seminario Lei de Cooperativas de Galicia”.
- Elaboración de modelos de estatutos para as cooperativas de traballo asociado e consumo adaptados á Lei de Cooperativas de Galicia.
- “Memoria da 1ª Xornada do Cooperativismo Galego – Portugués” “Informe 1ª Xornada Galega de Cooperativismo de Consumo”
- “Ecosocial-Programa de Fomento do Cooperativismo en Colaboración cos Concellos Galegos”.
- SINERXIA tamén colaborou coa Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG) na edición de varios textos:
- “ Papaventos e outras historias cooperativas” (comic).
- “Autoxestión Cooperativa” (Actualización 2005) .
- “A Lei de Cooperativas de Galicia nas Cooperativas de Ensino”.
- Boletín Ensino Cooperativo.
- “Cooperativismo”.
Coa Asociación Para a Economía Social -APES o“Manual de Asembleas e Xuntanzas”.
Coas asociacións de cooperativas galegas e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia : "Cooperativas" (Video divulgativo de cooperativismo).
- Programas de formación para cadros de persoal de cooperativas, como son, entre outros, os plans de formación continua no marco do III Acordo Tripartito de Formación Continua.
- Programas para a cualificación de formadores-as en cooperativismo:
- “Curso Plano de Empresa Cooperativa”.
- “Curso de Formador de Formadores para formación ocupacional”
- Realización de accións formativas para desempregados-as a través do Plan de Formación e Inserción Profesional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia.
- Desenvolvemento e impartición de módulos de economía social e planeamento empresarial nos programas “Mulleres Emprendedoras” e “ Iniciativas Locais de Emprego Social” (ILES) promovidos polo Concello de Pontevedra.
- Impartición do curso “Xestión Empresarial Cooperativa” organizado pola Universidade de Vigo para alumnos/as que rematan estudos universitarios.
- Coordinación e desenvolvemento dun programa formativo titulado “Economía Solidaria e Cooperativismo” onde se realizou unha introdución á economía solidaria e diversos sectores de creación de emprego neste sector (reciclaxe, bioconstrución, uteis financeiros solidarios, ...).