• Inicio
  • Quen Somos
  • Servizos
  • Divulgación Cooperativa
  • Documentos
  • Publicacións
Quen Somos
  • Obxecto Social
  • Obxectivos Xerais
  • Organización Social
Menú
  • Ligazóns
  • Asociadas
  • Novas
  • Área Socias
  • http://coopmunicando.info/

PostHeaderIcon Organización Social

A asemblea xeral.

Este órgano expresa a vontade de tódolos socios da Federación, é o noso máximo órgano de goberno, reúne a tódolos representantes, con voz e voto, das cooperativas e unións asociadas a SINERXIA. Constitúese co obxectivo de deliberar e adoptar acordos sobre os asuntos que sexan da súa competencia.

A asemblea xeral examina a xestión social, aproba as contas anuais e mais o plano empresarial, decide sobre a distribución do excedente ou a imputación de perdas, entre outros asuntos.

Na actualidade fórmana:

  • Representantes da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA (sector traballo asociado, con 107 cooperativas afiliadas).
  • Representantes da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia - UCETAG - (sector do ensino, con 27 cooperativas afiliadas).
  • Representantes de Ría de Arousa S. Coop. Galega (sector do mar).
  • Representantes de Consumo Consciente Arbore, S. Coop. Galega (sector de consumo).

 

O consello reitor.

O consello reitor é o noso órgano de goberno, de xestión das decisións da asemblea xeral, e mais de representación ante terceiros.

Está formado por persoas socias elixidas pola asemblea xeral.

Os actuais cargos neste órgano son:

  • Presidencia: Ana Rosa Lorenzo Vila (Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA).
  • Vicepresidencia 1ª: Alfonso Fernández Rodríguez (UCETAG)
  • Secretaría: Manuel González Garrido (Consumo Consciente Arbore, S. Coop. Galega).
  • Vocal 1: Olga Mª Rosa Amoedo Cabrera (UCETAG).
  • Vocal 2: José Luís Vázquez Álvarez (UGACOTA).

 

Intervención.

É o órgano de fiscalización e control da Federación, o cargo de interventor-a é elixido pola asemblea xeral para desempeñar tarefas de fiscalización . A súa principal laboura é a censura das contas anuais, expoñen á asemblea xeral a xestión de SINERXIA no que atinxe á información contable.

O cargo o ostenta:

  • Intervención: Purificación Alfonso Riveiro (UGACOTA)
  • Suplente: Ana Mª Otero Fernández (UCETAG)

 

 

Rúa Fernández Villaverde, 4-1º A, of. 3-4 · 36002 PONTEVEDRA

Tel. +34 986 896 526 · Fax +34 986 896 525

 

Travesía de San José, 10 Entreplanta A · 15002 A CORUÑA

Tel. +34 881 887 456

sinerxia@sinerxia.org

©www.galizia.net.