• Inicio
  • Quen Somos
  • Servizos
  • Divulgación Cooperativa
  • Documentos
  • Publicacións
Documentos
  • Afiliación
  • Modelo de Estatutos para Cooperativas de Traballo Asociado
  • Trámites Constitución Cooperativa Galega
Menú
  • Ligazóns
  • Asociadas
  • Novas
  • Área Socias
  • http://coopmunicando.info/

PostHeaderIcon Afiliación

Tendo en conta que hai moito por facer e mellorar, o traballo conxunto a través do valor da cooperación nunha organización colectiva, é o gran potencial das cooperativas. Apostamos pola intercooperación e polo futuro do cooperativismo galego, polo tanto, non podemos menos que lanzar un convite a asociarse.

Requisitos para ser socio da Federación de Cooperativas SINERXIA.

1. Poden ser socias desta Federación todas as Unións de Cooperativas, con capacidade legal, que desenvolvan a súa actividade cooperativizada e teñan o domicilio social no ámbito territorial desta Federación.

2. A solicitude de admisión na Federación formularase pola Unión solicitante mediante escrito dirixido ao Consello Reitor da Federación.

3. A esta solicitude deberá acompañarse: a) Acordo do Consello Reitor ou equivalente da Unión solicitante, agás que os seus propios Estatutos esixan acordo da Asemblea Xeral; b) Copia dos Estatutos Sociais da Unión e da súa inscrición no Rexistro de Cooperativas.

4. Na solicitude de admisión a Unión deberá designar dúas persoas titulares para a asistencia ás reunións da Federación, así como dúas persoas suplentes. Para as socias colaboradoras abondará cun/ha representante titular e un/unha suplente.

5. A decisión sobre admisión da entidade solicitante corresponderá ao Consello Reitor da Federación. Nun prazo máximo de dous meses desde o día seguinte á recepción da solicitude en debida forma, decidirá e comunicará por escrito á Unión solicitante o acordo de admisión ou denegación.

6. Para a toma de decisión de admisión o Consello Reitor poderá acordar, se o considera necesario, a realización dunha auditoría de cultura organizativa que determine a consistencia da Unión solicitante cos principios da economía social e/ou co obxecto social e a misión da Federación. Está auditoría terá unha función de ferramenta de debate, e que só en casos de incongruencia cos principios da economía social, unido á negativa da Unión solicitante a seguir un plano de evolución, poderase xustificar a negativa á admisión.

7. A denegación de admisión da solicitude deberá ser sempre motivada.

8. Os dereitos e obrigas do socio admitido pola Federación, xurden efecto ós 10 días, contados desde o seguinte ó da publicación do acordo de admisión.

9. Pagamento da cota de entrada e a primeira cota mensual (sen I.V.E.).

· Cota mensual : euros/voto.
· Cota entrada : 1 mensualidade.

Estas cotas destinaranse a cubrir os gastos mínimos de funcionamento da Federación (aluguer, teléfono, subministros, material de oficina, gastos financeiros, correos, consello rector e impostos).

Os votos en Asemblea da entidade socia establécense nos Estatutos da Federación de acordo cun criterio de ponderación polo número e carácter dos seus socios:

  • Cada Unión federada terá dereito a un voto e, ademais , ponderado polo número de socias. A ponderación establécese de acordo ao seguinte criterio:
    • Cada Unión de Cooperativas terá tantos votos como cooperativas asocie máis un.
  • Cada socia colaboradora terá dereito a un voto. Non obstante, cando a socia colaboradora sexa unha cooperativa aplicaranse os seguintes parámetros a efectos de voto:
    • Terá dereito a un voto e ademais
      • Por cada 10 socios/as de traballo/ traballadores/as ou fracción terá dereito a un voto máis
      • Por cada 100 socios/as usuarios/as ou fracción terá dereito a un voto máis

As socias colaboradoras da Federación non poderán representar máis dun terzo dos votos totais da Federación. Establecerase esta mesma proporción para os votos presentes e representados na Asemblea Xeral.

En ningún suposto poderá ser o voto de calidade ou dirimente.

Descargue o modelo de Admisión

Descargue o Modelo de Domiciliación Bancaria

 

Rúa Fernández Villaverde, 4-1º A, of. 3-4 · 36002 PONTEVEDRA

Tel. +34 986 896 526 · Fax +34 986 896 525

 

Travesía de San José, 10 Entreplanta A · 15002 A CORUÑA

Tel. +34 881 887 456

sinerxia@sinerxia.org

©www.galizia.net.