Acaban de publicarse os resultados do Programa de Investigación Configura, promovido pola asociación de cooperativas Eixo, no que se procuran identificar as dificultades no emprendemento cooperativo de traballo asociado en Galiza, analizando proxectos constituídos entre os anos 2001 e 2003, para achegar estratexias que fomenten o nacemento de novas cooperativas de traballo asociado en mellores condicións e consolidar estas nos primeiros anos de vida.
Este informe foi presentado no transcurso dunha xornada de difusión para o sector cooperativo, a Administración, axentes sociais, entidades financeiras, profesionais do sector e para as persoas interesadas en xeral.
Na web do Programa Configura ten acceso e pode consultar este informe, http://www.eixo.info/configura.htm.
Autoxestión Cooperativa nace da necesidade de dispor de material bibliográfico para impartir formación cooperativa: na formación ocupacional de persoas desempregadas e/ou ocupadas, na universidade, en proxectos de empresa cooperativos, na formación profesional etc.
Os contidos deste libro abordan:
Autoxestión Cooperativa. Manual sobre sociedades cooperativas.
Edita: UCETAG, Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia. 2006.

Esta terceira edición trata de recoller os últimos acontecementos do cooperativismo galego: a creación do Consello Galego de Cooperativas –COGACO-, o Regulamento do réxime do rexistro de cooperativas, as modificacións contábeis incorporadas co plan contábel para cooperativas (Orde ECO/3614/2003) ou as modificacións da Lei de cooperativas de Galicia, especialmente do artigo 110 sobre o límite de persoas traballadoras non socias.
Ademais inclúe catro anexos: