Intercooperación

PROXECTOS COMUNITARIOS: NOVOS ESPAZOS DE ACTUACIÓN PARA O COOPERATIVISMO (3)

Marta Núñez Corbalán. Coordinadora técnica dos proxectos Nexus Rede e Desqoop.

INTERREG IIIA – DESQOOP. Desenvolvemento rural transfronteirizo de base cooperativa, Galiza – Norte de Portugal.

Na primavera de 2004 comezaron os traballos de preparación dunha candidatura, liderada dende AGACA a cargo do financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O novo proxecto aprobado en decembro de 2005 supón unha apertura a novos ámbitos de intervención de extremado interese para o cooperativismo:

  • Elaborar e promover o desenvolvemento territorial de base cooperativa para a eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.
  • Promocionar os factores de competitividade e as posibilidades de diversificación e fortalecemento da actividade económica cooperativa na zona potenciando procesos de intercooperación transfronteiriza.
  • Dotación de infraestruturas, centros de desenvolvemento cooperativo, e recursos técnicos para a promoción cooperativa no ámbito territorial transfronteirizo, como garantía dunha maior efectividade das medidas e servizos adoptados no marco do proxecto DESQOOP.

Autoridade de Xestión, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, aprobou un orzamento en que a subvención de F.E.D.E.R alcanza o 75% do seu custo total ao suxeitarse na súa totalidade ao territorio europeo obx.1. Deste xeito, en xaneiro de 2006 formalizouse a asociación DESQOOP na que colaboran nove entidades dos dous lados da fronteira: como xefe de fila, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias AGACA (G-ES); como entidades socias galegas, Consellería de Traballo, Xunta de Galicia, Federación de Empresas Cooperativas, SINERXIA (G-ES), Unión de Cooperativas de Traballo Asociado, UGACOTA, Universidade de Vigo UVIGO. Pola parte portuguesa, Instituto para o Desenvolvimento Agrario da Região Norte – IDARN, PROBARROSO - Associação para Promoção e Desenvolvimento do Barroso, UCANORTE XXI – União Agrícola do Norte UCRL, UNINORTE – União Cooperativa Polivalente da Região Norte.

Os obxectivos do proxecto articúlanse en dúas fases de execución:

  • Modelo de Desenvolvemento Cooperativo: identificación de factores de competitividade empresarial do cooperativismo orientados ao desenvolvemento rural transfronteirizo:
    1. Informe e mapa da situación socioeconómica.
    2. Plan de desenvolvemento económico e empresarial cooperativo transfronteirizo que incorpore criterios de responsabilidade social corporativa e de calidade da súa producción.
  • Creación de dous centros de desenvolvemento cooperativo transfronteirizo: promoción da cooperación empresarial no mercado cooperativo transfronteirizo.
    1. Servizos cooperativos:
      • Plans de asesoramento.
      • Formación alto nivel.
      • Plans de intercooperación cooperativa transfronteiriza.
    2. Incubadora de empresas: acompañamento novos proxectos cooperativos.
    3. Infraestruturas de intercooperación empresarial:
      • Centrais de almacenaxe e tendas cooperativas.
      • Acompañamento en contactos e misións comerciais transfronteirizas.
    4. Servizos polivalentes de utilidade ao contorno transfronteirizo: servizos informáticos e telemáticos sen cable, infraestruturas básicas, sala de actos...

CONCLUSIÓNS:

Os proxectos comunitarios cobran un significado para o cooperativismo que van máis alá dos seus obxectivos concretos de execución e que, en conxunto, debuxan unha nova faciana para a actividade de promoción cooperativa.

En canto ao deseño e implementación de programacións:

  • LIDERADO E IMPLICACIÓN directa das asociacións e axentes económicos do cooperativismo nos proxectos e na súa viabilidade, mediante procesos de autoxestión e de esforzo financeiro que implican…
  • TRABALLO EN REDE: colaboración público-privada na xestión dos proxectos como garantía á transparencia mediante a decisión conxunta, a corresponsabilidade e o control mutuo, executivo e orzamentario.
  • ENFOQUE ABAIXO – ARRIBA. Deseño conxunto das programacións que permiten adaptar máis eficazmente as solucións ás necesidades de promoción empresarial cooperativa.

En canto ao papel do cooperativismo no desenvolvemento socioeconómico:

  • COOPERATIVISMO COMO FACTOR REAL DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, fixación do capital humano no territorio mediante autoemprego que consolide a actividade económica tradicional e canle de transmisión para enfrontar procesos de modernización e novos retos empresariais e de adaptabilidade aos cambios económicos estruturais…
Con respecto á consolidación empresarial cooperativa no mercado actual:

  • DOTACIÓN DE RECURSOS BÁSICOS E ESPECÍFICOS para a promoción cooperativa.
  • PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA incorporación efectiva de procesos de autodiagnose e mellora empresarial, responsabilidade social, calidade…
  • CONSOLIDACIÓN da actividade cooperativa no mercado, a través de apoio a emprendedores/as, intercooperación, procesos de fusións...
  • APERTURA DE MERCADOS, internacionalización de mercados, comercio exterior cooperativo…

 

Consello de redacción:Equipo técnico de Sinerxia e Eixo, Consello reitor de Sinerxia, e equipo de colaboradores-as.
O consello de redacción desta revista respecta a liberdade de expresión e non se fai responsábel dos contidos dos artigos asinados.