O Software Libre está a chamar a atención a todo o mundo por múltiples e variadas razóns. Sen saber del, é doado pensar que trata de liberdade, tecnoloxía ou gratuidade. Case todo é certo, o Software Libre naceu para devolver ao pobo a liberdade tecnolóxica, distribuíndo o coņecemento necesario e posibilitando a independencia dos pobos neste eido. Todo isto é imprescindíbel para que os pobos poidan achegarse aos máis elevados niveis de calidade de vida, sobre todo daqueles que xa parten en desvantaxe segundo as actuais regras de xogo.
Richard M. Stallman, fundador da Free Software Foundation en 1984, foi quen de promover catro tipo de liberdades para esta tecnoloxía:
Hoxe hai quen propón estas liberdades como catro dereitos humanos...
E esa é a diferenza entre o Software Libre e o Privativo: a liberdade, non a propiedade. Ambos os dous modelos son propietarios ou hai quen dubide que calquera software non ten autorías? A diferenza reside en que quen ten a propiedade do Software Libre non nos 'priva' da liberdade de empregalo, modificalo, melloralo ou distribuílo.
Ben sabemos que a vida é e sempre foi unha constante competición, un permanente instinto por non deixar de existir. Alén desta competición individualista, moitos seres vivos presentamos unha diferenza esencial con case todos os demais xa que somos quen de asociarmos para acadar obxectivos comúns en mellores condicións, procurando garantir o éxito nesa competición.
Velaí que, para poder facer efectiva a defensa das catro liberdades, o Software Libre rescatou o esquecido espírito 'hacker' e cooperativista que de sempre existira na tecnoloxía informática. Ese espírito perdérase pola competición mercantilista nacida ao abeiro das novas posibilidades de negocio que a informática presentaba. Ese espírito cooperativista e 'hacker' xunto coa ética defendida polo Software Libre e mais a apatía inicial por Internet amosada polos poderes fácticos provocaron a aparición de novas comunidades, organizadas sen xerarquías verticais, descentralizadas, rexidas en termos de igualdade, perfectamente comunicadas e con toda unha amálgama de valores onde o social prima fronte ao individual. Todos estes valores están en perfecta concordancia coa economía social e hoxe máis que nunca xa que con esta tecnoloxía pódese compartir, sen limitacións, calquera coņecemento. Dito isto ben claro porque o coņecemento que non se dá pérdese!
En que pode beneficiar o Software Libre á economía cooperativista?
Realmente no mesmo que ás outras economías, engadindo algo máis xa que comparten moitos obxectivos. Enumero algúns destes múltiples beneficios:
Co ánimo de axudar a quen estea lendo este artigo para que amplíe a información ao redor deste apaixonante tema, deseguido deixo unhas ligazóns: