Tipoloxía das cooperativas
Segundo a Lei de Cooperativas de Galicia - LCG - establécese a seguinte clasificación:
I. Cooperativas de 1º grao.
II. Cooperativas de 2º grao.
I. As cooperativas de 1º grao son:
As máis salientables dentro desta clasificación son as cooperativas de traballo asociado, de servicios e de consumidores-as e usuarios-as. Poderíamos dicir que o resto redúcense a algunha delas aplicada a algún sector de actividade en concreto. Por exemplo, unha cooperativa de transportistas é unha cooperativa de servicios no sector do transporte.
II. As cooperativas de 2º grao son:
As que asocian a dúas ou máis cooperativas que se unen para garantir ou facilitar as actividades empresariais para a consecución do seu obxecto social, así como para o cumprimento e desenvolvemento de fins comúns de orde económica, para a colaboración económica.
Cooperativas de traballo asociado.
Estas cooperativas asocian a persoas, naturais ou físicas, para
o desenvolvemento dunha actividade, cooperativizando a prestación
de traballo. Proporcionan os socios e socias postos de traballo e producen
en común bens, como poden ser mobles, roupa, etc., e servicios, como
pode ser o asesoramento laboral para terceiras persoas.
Poden constituírse e funcionar cun mínimo de tres socios e socias.
Cooperativas de consumidores-as e usuarios-as.
Asocian a persoas físicas e nalgún caso xurídicas,
por exemplo un concello, e teñen como obxecto obter
bens e servicios para o consumo e uso dos socios-as, sempre nas mellores
condicións de calidade, prezo e información dos productos.
Algunhas das modalidades deste tipo de cooperativa pasan por:
Cooperativas de servicios.
Este tipo de cooperativas asocia a persoas físicas e xurídicas
que sexan titulares de:
que exerzan a súa actividade por conta propia.
As persoas promotoras destas cooperativas asócianse para prestar
subministros (maquinaria, abonos, etc.) e servicios
(transporte, distribución, comercialización, etc.), así
como para a producción de bens, e a realización
de operacións que favorezan económica e tecnicamente as actividades
profesionais e as explotacións dos seus socios.
Cooperativas de vivenda.
Asocia a persoas físicas que precisan aloxamento, por exemplo
unha vivenda, ou locais para unha oficina, instalacións complementarias
á vivenda como pode ser unha piscina, e servicios complementarios, como
unha gardería, así como a conservación de vivendas e a
súa administración.
Cooperativas agrarias.
Une a persoas físicas e tamén xurídicas que son
titulares dunha explotación:
A súa finalidade e a de prestar subministros e servicios
ós socios así como realizar operacións que melloren económica
e tecnicamente as súas explotacións, e o desenvolvemento do medio
rural en xeral.
A cooperativa agraria no seu funcionamento é semellante a unha cooperativa
de servicios.
Cooperativas de explotación comunitaria da terra.
Asocia a :
Tendo como finalidade a explotación agraria en común
dos bens cedidos.
Cooperativas do mar.
As cooperativas do mar créanse para asociar a mariñeiros-as,
armadores, cofrarías, mariscadoras-es, etc., que son titulares de explotacións
pesqueiras ou industriais marítimo-pesqueiras. O seu funcionamento tamén
é idéntico ó dunha cooperativa de servicios.
Cooperativas de explotación de recursos acuícolas.
Nestas cooperativas, os socios e socias, explotan os recursos acuícolas
en común. As labouras de explotación abranguen dende a preparación
da zona marítimo-terrestre ata a comercialización e distribución
do producto cultivado.
Na súa regulación na LCG existe unha analoxía entre este
tipo de cooperativas e as de explotación comunitaria da terra, coa particularidade
neste caso de que as zonas de traballo son de dominio público e daquela
para poder explotalas precísase un título administrativo habilitante
concedido polo Estado.
Nestas cooperativas existen tres tipos de socios-as:
Cooperativas de transportistas.
Asocia a persoas físicas ou xurídicas titulares de empresas
de transportes ou profesionais que exerzan a actividade de transporte de persoas,
cousas ou mixtas.
Teñen por obxecto prestar servicios e subministros
así como á realización de operacións encamiñadas
ó melloramento económico e técnico das explotacións
dos socios.
Este tipo de cooperativas teñen as seguintes modalidades:
As cooperativas de transportistas poderán realizar aquelas actividades para as que se atopen expresamente facultadas pola Lei 16/1987, do 30 de Xullo de Ordenación dos Transportes Terrestres, e nos termos que a mesma estableza.
Cooperativas de seguros.
Asocia a persoas físicas e/ou xurídicas que exercen a
actividade aseguradora. Poden traballar en dita actividade mediante algunha
das seguintes modalidades:
Estas cooperativas rexeranse pola Lei 30/1995, do 8 de Novembro de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados, e as súas normas de desenvolvemento, e con carácter supletorio pola Lei de Cooperativas de Galicia.
Cooperativas sanitarias.
Son cooperativas sanitarias as que teñen por obxecto desenvolver
actividades sanitarias nas súas distintas modalidades de seguros a prima
fixa, de traballo asociado ou de consumidores-as e usuarios-as poderán
realizar con carácter complementario actividades coñexas ou que
facilitan o seu obxecto principal.
Cooperativas de ensino.
As cooperativas de ensino son aquelas que desenvolven a actividade docente
e poden ter as seguintes modalidades:
Cooperativas de crédito.
As cooperativas de crédito regúlanse con arranxo á
Lei 13/89 de 13 de Maio, así como pola lexislación sobre as entidades
de crédito en xeral. Tamén lles resultan aplicables con carácter
supletorio a Lei de Cooperativas de Galicia e as normas que a desenvolvan.
Estas cooperativas nacen para servir as necesidades financeiras
dos seus socios-as e de terceiras persoas, exercendo actividades propias
das entidades de crédito. Poden realizar toda clase de operacións
(activas, pasivas, e de servicios) pero preferentemente atendendo as necesidades
financeiras dos socios.
Cooperativas de integración social.
Asocian maioritariamente a persoas naturais de colectivos excluídos
(extoxicómanos-as, disminuídos-as psíquicos-as ou físicos-as,
prostitutas, expresidiarios-as, minorías étnicas, etc.) así
como ós seus titores ou titoras e persoal de atención.
Son cooperativas que teñen por obxecto a prestación de servicios
educativos, asistenciais, laborais e sanitarios, así como o desenvolvemento
de calquera actividade económica coa que poidan integrarse laboralmente
persoas que sufren calquera clase de exclusión social.
Cooperativas de servicios sociais.
Asocia a persoas físicas, que prestan o seu traballo na cooperativa,
podendo participar como socias:
Teñen por obxecto a prestación de todo tipo de actividades e servicios sociais, públicos ou privados.