Que é unha cooperativa

Segundo a Declaración sobre a Identidade Cooperativa da ACI - Alianza Cooperativa Internacional - .

Unha cooperativa é unha asociación autónoma de persoas que se unen de xeito voluntario para satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais en común mediante unha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática.

Segundo a Lei de Cooperativas de Galicia - Lei 5/1998, DOG 30 de Decembro de 1998 -.

A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, con estructura e xestión democrática, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, para prestar servicios e para satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios-as, e en interese pola comunidade, mediante a participación activa deles-as, distribuíndo os resultados en función da actividade cooperativizada.

voltar