Os Principios cooperativos
Primeiro principio: Adhesión voluntaria e aberta.
As cooperativas son organizacións voluntarias, abertas a tódalas
persoas capaces de utilizar os seus servicios e dispostas a aceptar as responsabilidades
de ser socio-a, sen discriminación social, política, relixiosa,
racial ou de sexo.
Segundo principio: Xestión democrática
por parte dos socios e socias.
As cooperativas son organizacións xestionadas democraticamente
polos socios-as, quenes participan activamente na fixación das súas
políticas e na toma de decisións. Os homes e mulleres elixidos-as
para representar e xestionar as cooperativas son responsables ante os socios-as.
Nas cooperativas de primeiro grao, os socios-as teñen iguais dereitos
de voto (un socio-a un voto), e as cooperativas de outros graos están
tamén organizadas de forma democrática.
Terceiro principio: Participación económica
dos socios e socias.
Os socios-as contribúen equitativamente ó capital das
súas cooperativas e o xestionan de forma democrática. Polo menos
parte dese capital normalmente é propiedade común da cooperativa.
Normalmente, os socios e socias reciben unha compensación, se é
o caso, limitada sobre o capital entregado como condición para ser socio-a.
Os socios-as asignan os excedentes para todos ou algún dos seguintes
fins: o desenvolvemento da súa cooperativa posiblemente mediante o establecemento
de reservas, das cales unha parte cando menos serían irrepartibles; beneficiando
ós socios-as en proporción as súas operacións coa
cooperativa; e ó apoio doutras actividades aprobadas polos socios-as.
Cuarto principio: Autonomía e independencia.
As cooperativas son organizacións autónomas de autoaxuda,
xestionadas polos seus socios e socias. Se firman acordos con outras organizacións,
incluídos os gobernos, ou se conseguen capital de fontes externas, fano
en términos que aseguren o control democrático por parte dos seus
socios-as e manteñan a súa autonomía cooperativa.
Quinto prinicipio: Educación, formación
e información.
As cooperativas proporcionan educación e formación ós
socios e socias, ós representantes elixidos-as, ós directivos-as
e ós empregados-as para que poidan contribuír de forma eficaz
ó desenvolvemento das súas cooperativas. Elas informan ó
gran público, especialmente ós-as xoves e ós líderes
de opinión, da natureza e beneficios da cooperación.
Sexto principio: Cooperación entre cooperativas.
As cooperativas serven ós seus socios-as o máis eficazmente
posible e fortalecen o movemento cooperativo traballando conxuntamente mediante
estructuras locais, nacionais, rexionais e internacionais.
Séptimo principio: Interese pola comunidade.
As cooperativas traballan para conseguir o desenvolvemento sostido das
súas comunidades mediante políticas aprobadas polos seus socios-as.