"Unímonos para nacer, unámonos para medrar", este é o lema da organización porque do mesmo xeito que, como individuos, nos asociamos na cooperativa para crear a nosa empresa e garantir o noso posto de traballo, seguindo o mesmo principio da fortaleza da unión, debemos unirnos para defender a existencia e a importancia socioeconómica das cooperativas. Unirse, participar, soster unha organización que responda ás nosas necesidades e defenda os nosos intereses, é unha postura responsábel. O cooperativismo é unha fórmula de progreso social que ten como eixe as persoas que deciden cooperar e traballar solidariamente. A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA é unha entidade sen ánimo de lucro formada, neste momento, por vinte e cinco cooperativas de traballo asociado que realizan distintas actividades, creada co fin de:
Desde a Unión e desde as cooperativas asociadas, deféndese o autoemprego colectivo como forma de traballo, tanto polas dificultades de creación de emprego que ten o mercado laboral como polas vantaxes e valores que presenta a empresa cooperativa como organización igualitaria e participativa. As actividades que se realizan desde a Unión de Cooperativas UGACOTA, clasifícanse en tres áreas de traballo:
As actividades de representación e defensa dos intereses das cooperativas de traballo asociado realÍzanse ante ou estando presentes en diversos organismos públicos e privados de distinto ámbito. Destacámos a nosa presenza na Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA), o que nos permite realizar actividades con unións e federacións do resto do Estado e ter acceso e representación en organismos estatais e europeos. Ugacota tamén forma parte do Consello Galego de Cooperativas, está presente tanto no Pleno como na Comisión Permanente e formou parte do equipo de traballo que elaborou o Libro Branco e o Plan Estratéxico do Cooperativismo, impulsados polo Consello.
As actividades de fomento do cooperativismo céntranse, fundamentalmente, en: |
|
|
|
No que respecta á prestación de servizos, véñense realizando de maneira permanente, os seguintes:
|
|
![]() |
UNIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO UGACOTA Rúa do Horreo, 104 - baixo esquerda 15702 Santiago de Compostela Tel.: 981 575 578 E-mail: ugacota@ugacota.org Web: www.ugacota.org |