Sinerxia

A Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia, constituída en 1994, é unha organización autónoma, sen ánimo de lucro, que forma parte do movemento cooperativo de Galiza, de carácter intersectorial e de ámbito autonómico. Asociamos tanto unións de cooperativas de diferentes clases e sectores de actividade (afiliamos 45 cooperativas das cales 25 pertencen á Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia, UCETAG, e 17 á Unión de Cooperativas de Traballo Asociado EIXO) como a socias colaboradoras (cooperativas de mar, consumo ou cooperativas de segundo grao de Portugal).

A Federación aglutina a 2.423 persoas, das cales 943 son socias traballadoras, 1.200 socias usuarias e 280 asalariadas. A facturación das cooperativas importa aproximadamente trinta e cinco millóns de euros.

  • Defender os intereses das cooperativas asociadas.
  • Promover o desenvolvemento do sector cooperativo.
  • Acordar políticas favorecedoras para o cooperativismo.
  • Fomentar a autoxestión.
  • Aumentar o nivel profesional e humano do sector.

  • Contribuír ao desenvolvemento quer na creación quer no reparto equitativo da riqueza da nosa comunidade.
  • Celar pola boa orientación empresarial das cooperativas socias, tentando acadar unha boa cultura cooperativa e empresarial.
  • Promover e fomentar unións de cooperativas sectoriais e de cooperación empresarial entre as cooperativas do mesmo sector e actividade.
  • Coidar que a sociedade galega sexa receptiva ao cooperativismo, promovendo institucións e actividades administrativas ou lexislativas e favorecendo a difusión da filosofía cooperativa.
  • Tentar acadar unha sociedade máis integrada a través do cooperativismo, sen excluidos/as nen marxinados/as por razóns físicas, psíquicas, ideolóxicas, relixiosas e sociais, entre outras.

  • Formación: ocupacional para o colectivo de persoas desempregadas e continua para socias e asalariadas en activo das cooperativas. Desenvolve programas de divulgación cooperativa para estudantes, a celebración de xornadas, e a edición de materiais didácticos.
  • Asesoramiento: a novos proxectos de cooperativas e a cooperativas asociadas a nivel xurídico, organizativo e económico-financeiro.
  • Representación das cooperativas asociadas: ser un interlocutor válido do cooperativismo galego ante as administracións públicas e institucións privadas.
  • Información: relativa ao sector cooperativo e á economía social. Edita o boletín "SINERXIA Informa" e coordina a sección "Actualidade Cooperativa" da revista "Cooperativismo e Economía Social" da Universidade de Vigo. Tamén conta cun espazo na internet que é e cunha biblioteca especializada en economía social.
  • Investigación: realización de estudos sectoriais e xerais do cooperativismo e a economía social en Galicia.
  • Intercooperación: fomento da cooperación en diferentes graos e niveis con organizacións e entidades do cooperativismo e a economía social a nivel local, autonómico, estatal ou internacional.

 

Este órgano expresa a vontade, con voz e voto, das cooperativas e unións socias da Federación. A asemblea xeral examina a xestión social, aproba as contas anuais e o plan empresarial, decide sobre a distribución do excedente ou a imputación de perdas, entre outros asuntos.

O Consello Reitor é o órgano de goberno, de xestión das decisións da Asemblea Xeral e de representación ante terceiros. Está formado por representantes das cooperativas e unións asociadas á Federación, e son elixidos pola Asemblea. Os cargos titulares que conforman este órgano son Presidente/a, Vicepresidente/a 1ª, Vicepdte./a 2ª, Secretario/a e Vogal. Este órgano tamén conta con dous suplentes.

É o órgano de fiscalización e control da Federación. O cargo de interventor/a é elixido pola Asemblea xeral para desem peñar tarefas de fiscalización . O seu principal labor é a censura das contas anuais que se materializa nun informe sobre estas. Outras funcións que desenvolve é o control da levanza dos libros da Federación e solicitar ao Consello Reitor todas aquelas informacións sobre a marcha de Sinerxia oportunas no exercicio da súa función. Sinerxia conta cun/ha interventor/a titular e un/ha suplente.

 

 

 

UNIÓN DE COOPERATIVAS SINERXIA
Rúa Fernández Villaverde, 4 - 1º A, Of. 3 - 4
36002 Pontevedra
Tel.: 986 896 526 - Fax: 986 896 525
E-mail:  sinerxia@sinerxia.org 
Web:  www.sinerxia.org