![]() |
O DIRECTORIO DE COOPERATIVAS, na súa segunda edición, pretende ser unha ferramenta para dar a coñecer a singularidade e variedade das cooperativas e facilitar o intercambio de servizos e experiencias, e daquela iniciar ou afortalar fórmulas de intercooperación entre elas para o seu desenvolvemento socioempresarial. Asemade quere dar conta da actualización dos datos das cooperativas e das novas entradas no seo das organizacións asociativas. Neste directorio aparecen reflectidas as cooperativas asociadas á Federación de Cooperativas SINERXIA a través das súas unións respectivas: UCETAG (ensino) e EIXO ( traballo asociado), sen esquecer outras tipoloxías de cooperativas asociadas a título individual, a saber, consumo e mar, ou a UNINORTE, cooperativa de segundo grao de carácter intersectorial do Norte de Portugal coa cal a Federación ten asinado un acordo de dupla afiliación. E queremos destacar como novidade na participación deste Directorio de Cooperativas, a presenza da unión de cooperativas de traballo asociado UGACOTA, que se suma ao proxecto froito da colaboración e da liña de intercooperación que vimos establecendo nos últimos tempos. Aquí aparecen tamén as cooperativas de traballo asociado integradas nesta unión. |
Os retos para os vindeiros anos será potenciar a creación de novas unións de cooperativas naquelas tipoloxías nas que non existan, o apoio ao medre da base social das unións e o progresivo achegamento e cooperación coas unións do movemento cooperativo galego. O CONSELLO REITOR |
|