A confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios (HISPACOOP), a Federación de Empresas Cooperativas SINERXIA e a Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) organizan unha xornada que persegue os seguintes obxectivos:
  • Divulgar as características da fórmula cooperativa para organizar e potenciar o consumo e posibles medidas de promoción en Galicia.

  • Realizar un diagnóstico xeral da situación do cooperativismo de consumo en Galicia y España.

  • Procurar unha maior visibilidade do cooperativismo de consumo diante das Administracións Públicas en Galicia.

  • Abordar do papel que pode desempeñar o cooperativismo en cuestíons como a seguridade alimentaria, o consumo responsable e a información ao/á consumidor/a.

  • Avaliar as posibilidades de deseñar estratexias de cooperación para artellar estruturas de representación e económicas do cooperativismo de consumo galego.
  • Valorar as posibilidades de definir e/ou afortalar liñas de cooperación con potenciais aliados do coopertivismo de consumo como outras tipoloxías de cooperativas (traballo asociado, agradias, vivendas...) asociacións de veciños/as, asociacións de consumidores(as e usuarios/as, etc.

  • Divulgar experiencias do coopertivismo de consumo en novos ámbitos de actividade.

Esta xornada enmárcase centro das accións derivadas da execución do proxecto comunitario EQUAL-ESPADELADA (ES-313), no que participa a Unión de Cooperacitas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias - AGACA, unha de cuxas liñas de actuación é o fomento de pautas de consumo responsable no ámbito rural.