
|
A Federación de Cooperativas SINERXIA, constituída en 1994, é unha organización autónoma, sen ánimo de lucro, de carácter intersectorial, que forma parte do movemento asociativo cooperativo de Galiza. Asocia a Unións de cooperativas. Nesta altura conforman SINERXIA dúas Unións de cooperativas de traballo (UGACOTA e UCETAG), unha de cooperativas do mar (UGACOMAR) e unha cooperativa de consumo (ARBORE) no ámbito agroecolóxico. |








